Skip to main content
Mondoñedo

A Asociación Barrio dos Muíños de Mondoñedo prepara un sorteo de Nadal

Por 20 Decembro, 2021Sin comentarios

A Asociación Barrio dos Muíños de Mondoñedo prepara un sorteo de Nadal no que se poderá participar ata o 31 de decembro.

Para participar neste concurso tan só haberá que achegarse ata ó barrio para ver a decoración e sacar unha fotografía no photocall que teñen preparado. Esta instantánea haberá que enviala a barriodosmuinhosasociacion@gmail.com.

O día 2 de xaneiro subirán todas as fotos e comezarán as votacións nas que haberá dous premios, a foto máis votada e outro mediante a propia aplicación.