Skip to main content
Vegadeo

Veciños de Vegadeo presentan alegacións ao proxecto da Marisma

Por 30 Decembro, 2021Febreiro 2nd, 2022Sin comentarios

A Asociación de Amigos de Vegadeo e o Concello presentaron alegacións ao proxecto de recuperación da Marisma, que prevé actuar sobre a zona comprendida entre as marxes dos ríos Suarón e  Mojardín e a estrada  N-640, así como en parte da marisma que se crea na confluencia de ambos. Estre as tarefas que se levarán a cabo son as de restauración da marisma, demolicións, itinerarios peonís e sinalizacións.

As alegacións que se presentaron tratan, entre outros puntos, da modificación do trazado en zonas puntuais e a continuidade de itinerarios do bordo litoral, alongando o itinerario oeste ata a ponte fronteiriza con Galicia. Solicítase tamén que se dispoña dun punto cuberto de visión da paisaxe como punto de inicio do percorrido. Piden a rehabilitación do coñecido como peirao de  Maseda e a rexeneración da súa contorna e o seu acceso histórico.

Ademais, piden engadir alumeado nos itinerarios, a modificación da dos itinerarios incorporando mellores prestacións e garantías a longo prazo en zonas urbanas, e a sinalización con cartelería do resto dos roteiros existentes no municipio.