Skip to main content
Vegadeo

Ponse en marcha en Vegadeo unha mesa redonda sobre os retos e as oportunidades do medio rural

Por 16 Abril, 2024Sin comentarios

A Facultade de Formación do Profesorado e Educación da Universidade de Oviedo, o Concello de Vegadeo e o CEDER Oscos-Eo organizan unha mesa redonda sobre Retos e Oportunidades do Medio Rural que se celebrará o xoves 18 de abril ás 19.00 horas na Casa de Cultura de Vegadeo.

A encargada de presentar a xornada será Mª Esther do Moral Pérez, catedrática da Universidade de Oviedo e participan Ana Rosa Fernández González, xerente do CEDER Oscos-Eo e cinco emprendedores da Comarca Oscos-Eo que contarán a súa experiencia.

Entre eles, estarán Ena Mateos González, empresaria de turismo rural en San Martín de Oscos e Vegadeo; Juan Carlos Quintana, artesán de coitelos e socio fundador do Museo da Cuchillería de Taramundi, David Álvarez López, gandeiro con explotación en Varres (Castropol) e apartamentos de turismo rural en Besedo (Vegadeo); Pedro José García Domínguez, pescador de Figueras (Castropol) e patrón maior da Confraría de Pescadores A nosa Señora do Carmen e Yolanda Alzú Vizcarro, xestiona un cámping, unha casa de aldea, un restaurante e unha pomarada de maceiras de sidra en San Tirso de Abres.