Skip to main content
Axenda Caducada

Ourol acolle un curso sobre manexo do estrés e ansiedade

Por 5 Decembro, 2021Decembro 9th, 2021Sin comentarios

O Concello de Ourol acolle un curso sobre manexo do estrés e ansiedade que será impartido o xoves día 9 de decembro.

Será no edificio multiusos ás 16.30 horas e estará a cargo pola Escola galega de saúde para cidadáns, e en concreto por Mario Rivas Carro, enfermeiro educador e psicólogo do Hula.

Para participar será necesario reservar praza chamando aos teléfonos 982 559 109 e 677 489 457.