Skip to main content
Axenda Caducada

O sábado terá lugar a celebración do 124 aniversario do nacemento de Avelino Díaz

Por 13 Decembro, 2021Decembro 18th, 2021Sin comentarios

Dentro da programación organizada arredor da celebración dos 124 anos do nacemento de Avelino Díaz, celebrarase no Centro Sociocultural de Meira un acto que contará coa conferencia de Inés Mosquera Calvo, estudosa da obra de Avelino, titulada A faceta tradutora de Avelino Díaz, e coa actuación de Tango en xaneiro, un dos primeiros grupos que musicou letras do Poeta de Meira.

O evento, que será presentado por Silvia Basanta Camiño, educadora da Institución Libre de Enseñanza, terá lugar o sábado 18 de decembro, a partir das 17.00 horas con aforo limitado.

Durante o acto farase entrega da edición facsimile do libro de Avelino Díaz Unha voz comprometida na Galicia emigrante.