Skip to main content
Axenda Caducada

A maxia volve da man de Roberto Lolo a Sarria este sábado

Por 21 Decembro, 2021Decembro 25th, 2021Sin comentarios

Roberto Lolo volverá coa súa maxia a Sarria este sábado.

A casa da cultura acollerá de novo ao mago Roberto Lolo co fin de ofrecer un espectáculo diferente que terá como eixo principal o Nadal.

A entrada será libre ata completar aforo.

As actuacións de maxia no Concello de Sarria son citas que auguran éxito xa que na vila existe un vínculo especial coa maxia e a ilusión que esta produce tanto en cativos coma en maiores. Por iso no verán se organiza o Festival de maxia que este ano cumpriu 16 edicións.

ROBERTO LOLO
É un namorado da maxia dende que é un cativo e a viu por primeira vez na escola infantil á que acudía en Suíza nos seus primeiros anos de vida. A partires de aí tivo a maxia coma hobby e a súa primeira exhibición foi en Vilar a sua aldea de Sarria.
Actualmente suma máis de 20 anos adicándose a crear sorrisos e ilusións no seu público.
Sente por Sarria un agarimo especial e dende hai 16 anos, organiza o Festival de maxia de Sarria para agradecerlle á xente da vila estes anos.