Skip to main content
Axenda Caducada

Aprazado o espectáculo infantil de títeres de Mosteiro

Por 24 Decembro, 2021Decembro 26th, 2021Sin comentarios

Finamente, o domingo 26 os máis pequenos de Pol non poderán desfrutar da obra de teatro Saga de Flin Havardr. 

Esta representación está a cargo de Trécola Producións e está dirixida aos máis cativos e unha obra de autoría propia, con marionetas de fío e música en directo con Pablo Pintor. Finalmente tivo que se aprazada para os próximos días.

Baixo a dirección de Isabel Rey e Marcelino de Santiago “Kukas”, esta obra de montaxe propia conta a historia de Flin Havardr, un pastor que tras vislumbrar nun sono as súas proezas como vikingo, emprende unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación canto menos peculiar, na que non abunda a fortaleza nin a valentía, mais sí a creatividade. A morriña dun dos seus tripulantes fará que cheguen á mellor de todas as terras, quedando por ver se conquistarán ou serán conquistados.