Skip to main content
Lugo

A Sociedade Micolóxica Lucus fará entrega do ‘Cogomelo Lucus 2021’ nun acto de confraternidade

Por 1 Decembro, 2021Sin comentarios

A Sociedade Micolóxica Lucus celebra un acto de confraternide para os seus socios no Restaurante España, que inclúe unha degustación de cogomelos e a entrega do premio “Cogomelo Lucus 2021”.

Hoxe mércores, día un de decembro de 2021 as 20:30 horas, a sociedade Micolóxica Lucus celebra no Restaurante España un acto de confraternidade exclusivo para os seus socios e invitacións institucionais, que inclúe unha degustación de cogomelos. Ao comezo da cal entregarase o premio “Cogomelo Lucus 2021” á Asociación Galega de Custodia do Territorio, “polo seu firme compromiso na conservación do patrimonio natural galego, obxectivo harmónica e fraternalmente compartido coa Sociedade Micolóxica Lucus”.
Máis información na páxina web da Sociedade Micolóxica Lucus,
www.smlucus.org e no teléfono 676750812