Skip to main content
Lugo

Rubén Arroxo visita o barrio da Ponte, onde se realizarán melloras na seguridade vial

Por 10 Decembro, 2021Sin comentarios

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o barrio da Ponte, onde se realizan actuacións enmarcadas no plan de calmado do tráfico da cidade posto en marcha pola área de Mobilidade. “trátase de mellorar a seguridade vial na zona, esta actuación engádese a outras moitas que xa realizamos neste barrio da cidade”, explicou Ruben Arroxo.

O concelleiro afirmou que “desde a concellería de Infraestruturas estamos a estudar realizar máis actuacións nesta zona para continuar a avanzar na mellora da seguridade viaria no conxunto da cidade”. Segundo Alexandre Penas, “estamos a transformar a mobilidade en Lugo, planificando unha cidade cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas na que as persoas sexan o centro”

Os edís visitaron a zona para ver, de primeira man, as obra a realizar e, segundo declarou o edil de Infraestruturas, “planificar mellor os traballos a realizar desde a concellería de Infraestruturas tendo en conta as reclamacións e as necesidades da veciñanza”.