Skip to main content
Lugo

A obra de Federico de Madrazo ‘Encarnación Rambaud’ permanecerá no Museo de Lugo cinco anos

Por 18 Decembro, 2021Sin comentarios

O Museo de Lugo exhibe unha nova obra de Federico de Madrazo y Kunt (Roma, 1815- Madrid, 1894). Trátase dun retrato en óleo sobre lenzo que forma parte dos fondos do Museo del Prado e que estará en depósito temporal en Lugo durante cinco anos.

Titulado “Encarnación Rambaud”, o cadro pode verse na sala romántica do Museo xunto coa colección de artes decorativas e outros retratos de Esquivel, González de la Peña, Vales Rodríguez e Raimundo Madrazo.

Federico de Madrazo
Naceu en Roma en 1815. Pertenceu a unha familia influínte e con gran talento. Era fijoo de José de Madrazo, un dos grandes pintores do neoclasicismo español que foi director da Academia e que reformou a ensinanza, e de Cecilia Küntz, filla do pintor Tadeo Küntz.
Neste ambiente privilexiado creceu Federico, o que propiciou que desde novo desenvolvese os seus dotes para a pintura.
Con catro anos de idade, o seu pai obtivo o posto de pintor de cámara xunto a Fernando VII e a familia trasladouse a Madrid. É na capital española onde recibe unha temperá e esmerada educación artística, ademais de formarse como discípulo de José de Madrazo.

Encarnación Rambaud
Encarnación Rambaud Hernáez foi filla de Camilo Rambaud e de Ifigenia Hernáez. Casou con Federico Kuntz e López Amor e dese primeiro matrimonio tivo dúas fillas, Sofía que casou con Pedro Bosch e Soledad.