Skip to main content
Lugo

A cabalgata de Reis de Lugo terá lugar o día 5 de xaneiro e será estática

Por 31 Decembro, 2021Xaneiro 2nd, 2022Sin comentarios

O vindeiro 5 de xaneiro, Lugo contará cunha cabalgata de Reis estática co fin de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias e manter a prudencia nesta época onde a saúde é o primordial.

Esta medida promove que os nenos e nenas da cidade poidan manter a ilusión e a maxia coa visita das maxestades de Oriente cumprindo con todas as medidas de seguridade sanitarias necesarias.

A área de Cultura do Concello organizará actividades en horario de mañá e de tarde para que as nenas e nenos poidan visitar aos Magos “e contaremos con espectáculos novidosos e de calidade que amenizarán a espera das nenas e nenos”, afirmou a edil de Cultura.

As nenas e nenos de Lugo poderán visitar aos Magos de Oriente no exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire, en horario de mañá entre as 12 e as 14 horas, e pola tarde entre as 17:30 e as 19:30. Maite Ferreiro destacou que “escollemos as inmediacións do Gustavo Freire ao ser unha zona que conta con boas conexións en bus urbano para as persoas que decidan achegarse en transporte público, ademais de ter boa dispoñibilidade de aparcamento público e gratuíto nas inmediacións”.