Skip to main content
Chantada

O CB Chantada Ensino enfróntase ao líder no día de hoxe

Por 18 Decembro, 2021Sin comentarios

Hoxe ás 18:30 Ucoga CB Chantada Ensino enfrontarase ao USAL La Antigua CB Tormes no Pavillón Polideportivo Municipal de Chantada.

O equipo visitante será o gran rival do equipo local co que se pechará a primeira volta. O USAL La Antigua CB Tormes carrexa un total de 13 vitorias consecutivas xa que tan só leva unha derrota na primeira xornada en todo o que vai de liga.

O derradeiro partido do ano estará cheo de emoción ao encarar ao líder da liga.

Para todos aqueles afeccionados que queiran ser parte deste encontro tamén se retransmitará en streaming a través da páxina de facebook do equipo chantadino.

O fin de semana pasado o Club Baloncesto Chantada sumou outra vitoria contra a Universidad Valladolid (52-88). Desta forma o equipo está a gañar seguridade e xogo.