Skip to main content
Chantada

A Subida a Chantada constituirá a quinta proba do Campionato de España Montaña 2022

Por 26 Decembro, 2021Decembro 27th, 2021Sin comentarios

Chantada será o escenario da quinta proba do calendario do Campionato de España de Montaña 2022 que se aprobou na Asamblea Xeral extraordinario da Real Federación Española de Automovilismo.

A subida a Chantada terá lugar os días 23 e 24 de Xullo.

SUBIDA CHANTADA
A Subida a Chantada é unha emblemática proba española. Forma parte do calendario nacional, e conta cunha historia e palmarés inigualables. Dispútase en pleno corazón de Galicia na “Ribeira Sacra”.

Chantada ofrece como aliciente extra un percorrido moi diferente a calquera outra proba do campionato, con dous partes de características totalmente opostas. A primeira é moi virada e está rodeada de viñedos, a segunda resulta especialmente rápida xa que transcorre por unha ancha estrada de tres carrís. Un trazado técnico e esixente, cuxa dificultade adoita verse acrecentada polas altas temperaturas habituais na zona durante os meses de verán.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MONTAÑA
A primeira proba será os días 26 e 27 Marzo, Subida Peñas Blancas en Estepona.

A segunda proba será a Subida Ubrique os días 23 e 24 de Abril.

A terceira proba será os días 14 e 15 de Mayo, Subida Internacional al Fito.

A cuarta proba será no mes de xuño os días 4 e 5 coa Subida a Les Revoltes d’Ibi, Trofeo Villa del Juguete.

A quinta será a Subida a Chantada nos días 23 e 24 de xullo.

Os días 6 e 7 de agosto terá lugar a Subida a Peña Cabarga.

A sétima proba será os días 24 e 25 de setembro coa Subida a la Santa.

A última proba será os días 15 e 16 de outubro coa Subida Isla de Ibiza.