Skip to main content
Quiroga

O Concello de Quiroga organiza actividades para os máis pequenos

Por 1 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Quiroga organiza para os máis pequenos unha serie de actividades que promoven a xuntanza dos veciños, fomentan as relacións entre os máis pequenos e supoñen un momento de ocio e lecer.

Nesta ocasión poñerase no pavillón municipal inchables e unha pista de patinaxe para que os nenos e nenas poidan desfrutar dende o 4 de decembro ata o 7 deste mes. O horario será de 12.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.