Skip to main content
Ribas de Sil

A Aula de Pesca de Ribas de Sil loce renovada

Por 17 Decembro, 2021Sin comentarios

Os tres concellos do Xeoparque realizan unha actuación en conxunto dende fai case dez anos. Trátase dunha tramitación conxunta de expedientes de axudas que se encargan de poder mellorar os locais culturais e os equipamentos culturais.

Esta tramitación corre a cargo de Ribas de Sil e durante estes anos acadaron importantes achegas. No ano 2021 os tres concellos tramitaron axudas por un importe de máis de 30.000 euros para a mellora dos locais A escola da Teixeira en Folgoso, A Casa da Cultura en Quiroga e a Aula de Pesca en Ribas de Sil.

Aula de Pesca Ribas de Sil
Foi acondicionada para eliminar as humidades existentes no edificio. Aproveitouse esta actuación para illar acústica e térmicamente o edificio, así como facerlle un lavado de imaxe que mellora a súa imaxe interior e exterior para poder seguir facendo moitas actividades no local, especialmente no verán cos nenos dos campamentos.

As reformas foron levadas a cabor por unha empresa local fomentando así o negocio e a economía da zona.