Skip to main content
O Incio

O Incio mostra o seu lado máis solidario a través do mercado que ten lugar hoxe

Por 12 Decembro, 2021Sin comentarios

O Mercado Gandeiro acollerá hoxe domingo 12 de decembro o Mercadillo Solidario. Nesta iniciativa recóllense libros, roupas, accesorios, obxectos de artesanía etc. para posteriormente vendelo.

Os fondos recadados serán destinados a asociacións e protectoras co fin de axudar nestas datas tan especiais.

A celebración da festividade do Nadal tan próxima fai que moitos dos cidadáns amosen o seu lado máis solidario, acto que o Concello do Incio quere aproveitar para poder aportar o seu grao de area a diversas asociacións e protectoras que o precisan.

As asociacións sen ánimo de lucro teñen máis dificultades á hora de facer fronte os seus gastos, por iso, este tipo de feiras e mercados son unha boa oportunidade de achegar a axuda dos veciños que, en moitas ocasións queren apoiar e descoñecen as fórmulas para facelo.

O mercado permanecerá activo dende as 11.30 ata as 13.30 horas.