Skip to main content
O Páramo

Os nenos do Páramo recibiron a visita do Apalpador

Por 17 Decembro, 2021Sin comentarios

O CEIP Plurilingüe do Páramo recibiu nesta semana a visita de “As viaxes do apalpador”. Esta actividade organizada en colaboración co Concello do Páramo e a Asociación socio-educativa Antonio Gandoy pretende achegar aos nenos e nenas da zona a figura do apalpador e o coñecemento da súa historia a través dos contos.

O Apalpador é unha figura propia da tradición galega. Moitos dos nenos, na actualidade, descoñecen a súa existencia e as lendas que corren arredor do mesmo, con este tipo de iniciativas estase a difundir a cultura galega e ponse en valor as tradicións da terra.

O Apalpador
O Apalpador é nas zonas do leste de Galicia, a figura mítica dun carboeiro que baixa as noites do solsticio de inverno , 24 de decembro e 31 de decembro a tocar o ventre aos nenos para ver se comeron suficiente durante o ano, deixando unha chea de castañas, eventualmente algún agasallo e desexándolles que teñan un aninovo cheo de felicidade e comida.