Skip to main content
Samos

Samos recupera o concurso de tapas despois do parón do ano pasado pola pandemia

Por 9 Decembro, 2021Sin comentarios

Esta fin de semana Samos acollerá o concurso de tapas no que participan catro locais que farán unha proposta innovadora e outra tradicional.

‘Ir de tapeo’ é unha iniciativa organizada pola Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos na que colaboran o bar Albaroque, o mesón Pontenova, a cantina de Renche e o hotel A Veiga. O horario para probar as tapas é de 12.00 a 15.30 e de 19.00 a 23.00 horas.

Para atraer á xente, o mediodía do domingo estará amenizado polo grupo Gaiteiros de Goián ofrecendo unha boa gastronomía tradicional cun ambiente festivo.

Haberá dous gañadores das propostas innovadoras e outras dúas das tradicionais. Serán os clientes os que voten e, para facelo, deberán acudir a tres establecementos como mínimo. Entre tódolos clientes que participen sortearanse catro ceas para dúas persoas.