Skip to main content
Uncategorized @gl

A hospitalización empeora xunto co número de novos contaxios

Por 9 Decembro, 2021Decembro 10th, 2021Sin comentarios

A hospitalización segue crecendo e os casos novos volven aumentar aínda que os activos non medran moito debido ás altas, que segue tamén compensando a situación.

Hoxe hai 696 casos activos, 12 máis que onte, cun rexistro de 52 novos positivos e 40 altas. Onte houbo 5 máis, con 40 novos contaxios e 1834altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.100 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria continúa subindo. Seguen con catro ingresados na UCI de Lugo pero son 12 os pacientes en planta (2 máis), 7 no Hula (1 máis), 2 na Mariña e 3 en Monforte (1 máis).

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

Ribeira Sacra continúa empeorando a súa situación mentres Sarria e Lugo continúan estables. No norte, a Mariña mantense tamén sen moitos cambios e Terra Chá empeora as cifras pero de forma pouco significativa.

A Mariña

  • Ribadeo reduce 1 ata 26 enfermos.
  • Foz volve subir ata 11 contaxios.
  • Riotorto volve ter casos.
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Burela, Trabada, Mondoñedo, Cervo, Alfoz, Barreiros, O Valadouro e Viveiro.
  • Unha semana sen casos: Lourenzá.
  • Máis de quince días limpos: Ourol e O Vicedo. Únese Xove.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 48 contaxiados (1 máis).
  • Outeiro de Rei reduce a 17 enfermos (1 menos).
  • As Pontes reduce 2 ata 11 casos.
  • Guitiriz, Meira e Muras volven ter algún caso.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, Xermade, A Pastoriza e Abadín.
  • Máis de quince días limpos: Cospeito, Rábade, Begonte e Pol.

Comarca de Sarria

  • Sarria suma 4 casos máis e chega a 25.
  • Por debaixo de 10 contaxios: O Incio, Láncara e Paradela.
  • Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.

Centro da provincia

  • Lugo segue á baixa con 213 (1 menos).
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Monterroso, Palas, Antas e Becerreá.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Cervantes, Baralla, Castroverde, Portomarín, Navia de Suarna, Guntín e As Nogais. Únese Ribeira de Piquín.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 13 positivos (1 máis).
  • Chantada: 52 contaxios (4 máis).
  • Folgoso do Courel: 22 (6 máis).
  • Monforte: 39 casos.
  • O Saviñao: 42 enfermos (2 máis).
  • Quiroga chega a 13 casos.
  • Taboada: 23 contaxios (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón e Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.