Skip to main content
Uncategorized @gl

Cae o número de novos contaxios por debaixo de 50

Por 11 Decembro, 2021Sin comentarios

A hospitalización mejora algo máis e os casos activos tamén se reduce ralentizando o crecemento do virus axudado polas altas.

Hoxe hai 715 casos activos, 11 máis que onte, cun rexistro de 44 novos positivos e 32 altas. Onte houbo 8 máis, con 61 novos contaxios e 52 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.203 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria redúcese. Os ingresados na UCI do Hula baixan a 3 (1 menos) e seguen os mesmos 9 pacientes en planta, 3 no Hula (1 menos), 2 na Mariña e 4 en Monforte (1 máis).

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

Aínda que os casos novos non crecen de forma descontrada como en vagas anteriores xa son moi poucos os concellos que levan polo menos unha semana sen positivos. Son 21 os limpos de covid, 8 deles só durante a última semana.

A Mariña

  • Ribadeo reduce 1 ata 21 enfermos.
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Mondoñedo, Alfoz, Barreiros, O Valadouro, Viveiro e Riotorto. Únese Foz.
  • Unha semana sen casos: Lourenzá. Únense Cervo, Trabada e Burela.
  • Máis de quince días limpos: Ourol, O Vicedo e Xove.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 51 contaxiados (2 máis).
  • Outeiro de Rei sobe de novo a 18 enfermos (2 máis).
  • As Pontes suma 2 ata 17 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Meira, Muras e Rábade.
  • Xermade leva xa unha semana sen contaxios.
  • Máis de quince días limpos: Cospeito, Begonte e Pol.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce a 23 enfermos (2 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: O Incio e Paradela.
  • Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.

Centro da provincia

  • Lugo reduce sustancialmente os casos con 212 (9 menos).
  • Guntín e Baleira volven ter casos.
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Monterroso, Palas, Antas, Becerreá, A Fonsagrada e Baralla.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Castroverde, Portomarín, Navia de Suarna, As Nogais e Ribeira de Piquín.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz e Pedrafita. Únese Cervantes.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 12 positivos.
  • Chantada: 52 contaxios.
  • Folgoso do Courel: 27 (6 máis).
  • Monforte: 42 casos (1 máis).
  • O Saviñao: 43 enfermos (1 menos).
  • Quiroga: 13 casos.
  • Taboada: 25 contaxios (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón e Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.