Skip to main content
Uncategorized @gl

A presenza da covid dispárase na provincia

Por 14 Decembro, 2021Decembro 15th, 2021Sin comentarios

A covid dá un novo salto cara arriba e suma un elevado número de casos novos mentres crece a hospitalización de novo malia o rápido avance da vacinación.

Hoxe hai 802 casos activos, 53 máis que onte, cun rexistro de 85 novos positivos e 33 altas. Onte houbo 14 máis, con 60 novos contaxios e 46 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.415 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria segue á alza. Os ingresados na UCI do Hula seguen en 5 e en planta xa son 12 pacientes (1 máis), 5 no Hula (2 máis), 2 na Mariña e 5 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

A covid continúa estendéndose por toda a provincia, con especial incidencia na zona sur e na cidade de Lugo, onde foron rexistrados a metade dos novos contaxios nas últimas 24 horas. Segue aumentando aínda que lentamente o número de concellos que superan os 10 enfermos e seguen limpos 17.

A Mariña

  • Ribadeo aumenta en 1 os enfermos ata 16.
  • Foz suma 1 ata 17 contaxios.
  • Xove e Trabada volven ter casos.
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Mondoñedo, Alfoz, Barreiros, O Valadouro, Viveiro, Burela e Lourenzá.
  • Unha semana sen casos: Cervo.
  • Máis de quince días limpos: Ourol, O Vicedo e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba reduce ata 45 contaxiados (5 menos).
  • Outeiro de Rei aumenta a 13 enfermos (1 máis).
  • As Pontes mantense en 19 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Muras, Rábade, Pol, Meira e Begonte.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Xermade e Friol.
  • Máis de quince días limpos: Cospeito.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce a 22 enfermos (1 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e O Incio.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Paradela.
  • Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.

Centro da provincia

  • Lugo recupera número de positivos ata 264 (37 máis).
  • Castroverde e Ribeira de Piquín volven ter casos.
  • Por debaixo dos 10 casos: Monterroso, Palas, Antas, A Fonsagrada, Baralla, Guntín, Baleira, Pedrafita e Navia de Suarna.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: As Nogais e O Corgo. Únese Becerreá.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz, Cervantes e Portomarín.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 11 positivos.
  • Chantada: 58 contaxios (2 máis).
  • Folgoso do Courel: 29 (1 menos).
  • Monforte: 55 casos (2 máis).
  • O Saviñao: 48 enfermos (2 menos).
  • Pantón: 13 (3 máis).
  • Quiroga: 14 casos (1 máis).
  • Ribas de Sil chega aos 10.
  • Taboada: 27 contaxios (1 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda e Sober.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.