Skip to main content
Uncategorized @gl

Os novos contaxios concéntrase na capital da provincia

Por 17 Decembro, 2021Sin comentarios

A covid segue crecendo achegándose aos 900 casos activos nunha nova xornada na que os novos positivos minguan tralo ascenso de onte.

Hoxe hai 891 casos activos, 25 máis que onte, cun rexistro de 81 novos positivos e 57 altas. Onte houbo 32 máis, con 99 novos contaxios e 67 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.672 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria varía. Os ingresados na UCI do Hula sube de novo a 4 (1 máis) e en planta baixan a 12 pacientes (1 menos), 4 no Hula (1 menos), 1 na Mariña (1 menos) e 6 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Polo momento só 11 concellos da provincia seguen a salvo da covid polo menos durante a última semana. O virus esténdese por toda a provincia pero non crece desproporcionadamente como en vagas anteriores, agás en lugares como Lugo e Monforte, onde se concentrou o crecemento esta semana. Na Ribeira Sacra, agás a cidade do Cabe, baixa a incidencia.

A Mariña

  • Ribadeo suma un novo enfermo ata 15.
  • Foz suma 1 e xa son 17 contaxios.
  • Viveiro chega aos 10 casos.
  • Por debaixo de 10: Mondoñedo, Alfoz, Barreiros, Burela, Lourenzá, Xove, Trabada, Cervo e O Vicedo.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Pontenova e O Valadouro.
  • Máis de quince días limpos: Ourol e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba reduce ata 36 contaxiados (1 menos).
  • As Pontes segue en 23.
  • Outeiro de Rei suma 2 e chega a 12 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Rábade, Pol, Meira, Begonte e Cospeito.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Xermade e Friol. Únese Muras.

Comarca de Sarria

  • Sarria segue en 21 enfermos.
  • Samos volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e O Incio.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Paradela.
  • Máis de quince días limpos: Triacastela e O Páramo.

Centro da provincia

  • Lugo recupera número de positivos ata 334 (22 máis).
  • Palas de Rei sobe ata os 13 casos (1 máis).
  • Monterroso suma 13 contaxiados.
  • Por debaixo dos 10 casos: Monterroso, A Fonsagrada, Baralla, Guntín, Baleira, Pedrafita, Navia de Suarna, Castroverde, Ribeira de Piquín, O Corgo e Becerreá. Únese Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz, Cervantes, Portomarín e As Nogais.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 55 contaxios (3 máis).
  • Folgoso do Courel: 25 (1 menos).
  • Monforte: 70 casos.
  • O Saviñao: 43 enfermos (1 máis).
  • Pantón: 16 (3 máis).
  • Quiroga: 11 casos (1 máis).
  • Taboada: 18 contaxios (4 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober e Ribas de Sil. Únese Carballedo.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.