Skip to main content
Uncategorized @gl

Récord de novos positivos nun día nesta sexta vaga

Por 19 Decembro, 2021Decembro 20th, 2021Sin comentarios

As altas impiden que os casos activos na provincia pasan por riba do milleiro, xa que se rexistrou o maior número de contaxios en 24 horas do que vai de vaga, por enriba do centenar.

Hoxe hai 993 casos activos, 44 máis que onte, cun rexistro de 102 novos positivos e 56 altas. Onte houbo 58 máis, con 90 novos contaxios e 34 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.864 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria empeora na UCI, que aumenta a 6 persoas (1 máis) mentres en planta os ingresados son 11 pacientes (1 menos), 4 no Hula (1 menos), 1 na Mariña e 6 en Monforte.

POR COMARCAS

A covid segue crecendo cun novo récord e novos contaxios con Lugo á cabeza da infección crecendo con bruscas subidas. No Sur a situación volve empeorar.

A Mariña

  • Ribadeo mantense en 13 enfermos.
  • Foz sobe a 22 contaxios (5 máis).
  • Viveiro chega aos 14 casos (3 máis).
  • Alfoz volve ter casos.
  • Por debaixo de 10: Mondoñedo, Barreiros, Burela, Lourenzá, Xove, Trabada, Cervo e O Vicedo.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Pontenova e O Valadouro.
  • Máis de quince días limpos: Ourol e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba reduce ata 28 contaxiados (6 menos).
  • As Pontes queda en 24.
  • Outeiro de Rei baixa 1 e queda en 14 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Rábade, Pol, Meira, Begonte, Cospeito e Friol.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Muras.
  • Máis de quince días limpos: Xermade

Comarca de Sarria

  • Sarria baixa 1 máis e xa son 21 enfermos.
  • O Páramo volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e Samos.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: O Incio.
  • Máis de quince días limpos: Triacastela e Paradela.

Centro da provincia

  • Lugo segue sumando positivos ata 389 (39 máis).
  • Palas de Rei queda en 12 casos.
  • Monterroso suma 16 contaxiados (2 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: Monterroso, A Fonsagrada, Baralla, Guntín, Baleira, Pedrafita, Navia de Suarna, Castroverde, Ribeira de Piquín, O Corgo, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais e Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz e Cervantes.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 62 contaxios (1 máis).
  • Folgoso do Courel: 21 (1 menos).
  • Monforte: 76 casos (5 máis).
  • O Saviñao: 40 enfermos (1 menos).
  • Pantón: 16.
  • Quiroga: 12 casos.
  • Taboada: 18 contaxios (2 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober e Ribas de Sil e Carballedo.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.