Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos de covid superan xa o milleiro na provincia

Por 20 Decembro, 2021Decembro 21st, 2021Sin comentarios

Os casos continúan crecendo de forma desbordada tras superar amplamente o milleiro durante a fin de semana. As altas tamén amentan e palian algo a escalada, preocupante na UCI, onde seguen 6 enfermos.

Hoxe hai 1.028 casos activos, 35 máis que onte, cun rexistro de 90 novos positivos e 54 altas. Onte houbo 44 máis, con 102 novos contaxios e 56 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.953 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria segue preocupando na UCI do Hula, onde hai 6 persoas, mentres en planta os ingresados son 11 pacientes, 4 no de Lugo, 1 na Mariña e 6 en Monforte.

POR COMARCAS

Lugo segue a levarse a peor parte do crecemento da covid mentres na Ribeira Sacra a situación estáncase pola baixada dos casos de forma xeralizada.

A Mariña

  • Ribadeo baixa a 12 enfermos (1 menos).
  • Foz sobe a 24 contaxios (2 máis).
  • Viveiro chega aos 15 casos (1 máis).
  • Burela certifica dez positivos.
  • Riotorto volve ter casos.
  • Por debaixo de 10: Mondoñedo, Barreiros, Lourenzá, Xove, Cervo, O Vicedo e Alfoz.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Pontenova e O Valadouro. Únese Trabada.
  • Máis de quince días limpos: Ourol.

Terra Chá

  • Vilalba reduce ata 22 contaxiados (6 menos).
  • As Pontes queda en 24.
  • Outeiro de Rei sobe 2 e queda en 16 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Rábade, Pol, Meira, Begonte, Cospeito e Friol.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Muras.
  • Máis de quince días limpos: Xermade

Comarca de Sarria

  • Sarria segue con 21 enfermos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara, Samos e O Páramo.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: O Incio.
  • Máis de quince días limpos: Triacastela e Paradela.

Centro da provincia

  • Lugo segue sumando positivos ata 437 (48 máis).
  • Palas de Rei suma 1 novo caso e xa son 13.
  • Monterroso segue con 16 contaxiados.
  • Por debaixo dos 10 casos: A Fonsagrada, Baralla, Guntín, Baleira, Pedrafita, Castroverde, Ribeira de Piquín, O Corgo, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais e Antas de Ulla.
  • Entre unha semana en 15 días sen casos: Navia de Suarna,
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz e Cervantes.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 61 contaxios (1 menos).
  • Folgoso do Courel: 20 (1 menos).
  • Monforte: 77 casos (1 máis).
  • O Saviñao: 38 enfermos (2 menos).
  • Pantón: 16.
  • Quiroga: 11 casos (1 menos).
  • Taboada: 14 contaxios (4 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Ribas de Sil e Carballedo.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.