Skip to main content
Uncategorized @gl

Os novos contaxios desbórdanse na provincia cun novo falecido

Por 23 Decembro, 2021Decembro 24th, 2021Sin comentarios

A presenza da covid desbócase na provincia de Lugo cun novo récord de casos novo e coa hospitalización á baixa.

Hoxe hai 1.319 casos activos, 166 máis que onte, cun rexistro de 195 novos positivos e 33 altas. Onte houbo 87 máis, con 127 novos contaxios e 37 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 22.257 casos rexistrados e 258 persoas falecidas, tres delas nesta sexta vaga. Trátase dunha nova defunción dende hai case un mes, un home de 69 anos que morreu no Hula.

A presión hospitalaria sobe lixeiramente con 3 enfermos na UCI do Hula, mentres en planta os ingresados son 12 pacientes (2 máis), 6 no de Lugo (2 máis), 2 na Mariña e 4 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

A covid esténdese por toda a provincia deixando cada vez menos concellos limpos de covid, con só 10, e cun crecemento pronunciado nas vilas máis poboadas.

A Mariña

  • Burela: 20 positivos (4 máis).
  • Foz: 25 (3 máis).
  • Lourenzá: 13.
  • Mondoñedo: 11.
  • Ribadeo: 23 (3 máis).
  • Viveiro: 25 (6 máis).
  • Cervo: 10.
  • Por debaixo de 10: Barreiros, Xove, O Vicedo, Alfoz e Riotorto. Únese A Pontenova.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Trabada.
  • Máis de quince días limpos: Ourol. Únese O Valadouro.

Terra Chá

  • As Pontes: 29 (3 máis).
  • Castro de Rei: 11 (1 máis).
  • Guitiriz: 12.
  • Outeiro de Rei: 19 casos (3 máis).
  • Vilalba: 35 (16 máis).
  • Xermade, Muras e Meira volven ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pastoriza, Abadín, Rábade, Pol, Begonte, Cospeito e Friol.

Comarca de Sarria

  • Sarria resta 1 e xa son 19 enfermos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara, Samos, O Páramo e O Incio.
  • Máis de quince días limpos: Triacastela e Paradela.

Centro da provincia

  • Guntín: 11.
  • Lugo: 553 (63 máis).
  • Monterroso: 15.
  • O Corgo: 12.
  • Palas de Rei 16 (2 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: A Fonsagrada, Baralla, Baleira, Castroverde, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais e Antas de Ulla.
  • Entre unha semana en 15 días sen casos: Navia de Suarna e Ribeira de Piquín. Únese Pedrafita.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz e Cervantes.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 66 contaxios (5 máis).
  • Folgoso do Courel: 14 (5 menos).
  • Monforte: 112 casos (19 máis).
  • O Saviñao: 30 enfermos (1 máis).
  • Pantón: 18 (1 máis).
  • Quiroga: 20 casos (3 máis).
  • Taboada: 15 contaxios (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Ribas de Sil e Carballedo.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Volve ser obrigado o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.