Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz concedeu subvencións a diferentes entidades culturais e deportivas

Por 3 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz vén de informar que concederon subvención nominativas a diferentes entidades culturais e deportivas do municipio.

Así, o investimento é de 17.091,23 euros e están destianda ao CD Alfoz, AD Río Ouro, Ceip Castro de Ouro, Anpa do Ceip Castro de Ouro e a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.

Ao CD Alfoz recibiu 7.000 euros para os gastos da tempada 2021-2022, a AD Río Ouro 2.500 euros para gastos de transporte, o Ceip Castro de Ouro recibirá 1.4000 euros para o circuito lúdico e deportivo para o patio do colexio, a Anpa do Ceip Castro de Ouro recibirá 691,23 euros que irán destinados nos libros de Educación Infantil para todo o alumnado desa etapa no colexio e a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo recibirá unha achega de 5.500 euros para a organización da celebración da Festa dos Chóferes e as actividades culturais do verán.