Skip to main content
Cervo

A parroquia de Rúa, en Cervo, celebrará a Candelaria do 2 ao 6 de febreiro

Por 10 Xaneiro, 2022Xaneiro 31st, 2022Sin comentarios

A parroquia de Rúa, en Cervo, celebrará a súa festa relixiosa en honra á virxe da Candelaria do 2 ao 6 de febreiro. Veciños e visitantes poderán gozar dos actos programados para a ocasión e deleitarse con variadas actuacións musicais que amenizarán estas xornadas festivas.

Así, o mércores 2 haberá misea cantada por Toñito, e o venres 4 comeza a festa en honra á Virxe da Candelaria cunha gran verbena a cargo das formacións Los Satélites e Finisterre.

Durante a xornada do sábado ás 13.00 horas terá lugar a misa cantada polo coro parroquial con posterior procesión. Finalizados os actos litúrxicos todos os presentes poderán gozar coa sesión vermú a cargo da orquestra Miramar, que tamén animará a verbena xunto con Fania Blanco Show.

Por último, o domingo 6 os veciños poderán participar ás 13.00 horas na misa cantada polo coro parroquial que dará paso á procesión. A sesión vermú desta última xornada de festa estará amenizada polo grupo Fénix, que tamén amenizará a verbena.