Skip to main content
Cervo

Arrinca de novo o SanciTapeando, a ruta das tapas dos xoves en San Cibrao

Por 19 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A hostalaría de San Cibrao volve presentar a súa proposta gastronómica os xoves co Sanci tapeando, en colaboración do Concello.

A esta iniciativa están adeheridos cinco locais Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, Aquelarre, Cervecería Las Titas e Mesón A Bodega, que servirán do 20 de xaneiro ao 26 de maio , unha tapa diferente, elaborada, a un prezo de 2.50 euros.

Os clientes terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 euros e de 100 euros, para gastar nos locais participantes; que se celebrará cada dous meses.

Para máis información e para facer un seguemento das tapas que se servirán cada semana habilitouse a conta de facebook @SANCITAPEANDO.