Skip to main content
Foz

A estrada que une Foz e Alfoz por San Acisclo cortada ata o 16 de febreiro

Por 27 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A estrada provincial que une Foz e Alfoz por San Acisclo, a LU-P-0210, quedará cortada ao tráfico pesado dende este mércores, 26 de xaneiro, ata o 16 de febreiro debido ás obras de ampliación e acondicionamento que está executando a Deputación de Lugo cun investimento de 110.500€. 

Durante este tempo, haberá sinalización informativa e habilitaranse desvíos para ocasionar o mínimo trastorno para este tipo de vehículos. 

Os traballos, que se están desenvolvendo entre os puntos quilométricos 5,1 e 5,3, consisten na ampliación e acondicionamento da vía con aglomerado en quente, así como na dotación de iluminación e beirarrúas. 

Estas actuacións resolven un problema de seguridade e beneficiarán a numerosos veciños e veciñas ao tratarse dunha estrada que soporta moito tráfico ao ser unha das principais vías que une Foz con Alfoz, sendo o camiño máis corto para chegar á costa. Ademais, dá servizo aos serradoiros de madeira da zona, que reciben un elevado número de vehículos cada día.  Con estas obras, complétase a  renovación desta vía na súa totalidade, que xa se atopa ensanchada e adecentada no resto de treitos.