Skip to main content
Comarca AMARIÑAXARibadeoTrabada

Medio Rural prohibe criar aves ao aire libre en Ribadeo e Trabada pola gripe aviar

Por 13 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural vén de prohibir a cría ao aire libre en 34 concellos galegos trala aparación de casos de gripe aviar en Lérida e en algúns países da Unión Europea.

No estado español xa se detectou un foco en Lérida polo que o Goberno central decretou esta medida de alerta, e que afectará na Mariña lucense aos concellos de Ribadeo e Trabada ao atoparse nos ZEV, zona de especial vixiancia.

Esto obrigará aos propietarios a mantelas no interior das granxas ou explotacións aínda que naqueles casos en que non poidan encerrarse, estean protexidas con redes que impidan o seu contacto con aves salvaxes. Neses casos haberá que darlles a comida e a bebida en zonas de interior ou en lugares aos que as aves salvaxes non poidan ter acceso.

Así mesmo, 1ueda prohibida a cría de parrulos, ocas e gansos xunto con outras especies de aves de curral, e lembrase que é obrigatoria a inscrición dos currais familiares no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas da Consellería do Medio Rural.

Dende a Consellería do Medio Rural informan que puxeron en aviso aos servizos veterinarios oficiais, os representantes do sector avícola, a Consellería de Medio Ambiente, os colexios veterinarios, a Policía Autonómica, a Federación Galega de Municipios e Provincias e aos concellos de especial vixilancia para que extremen a vixilancia e adopten os protocolos de prevención previstos.

ZER, zonas de especial risco

A Illa de Arousa, Cambados, Meaño, O Grove, Sanxenxo, Ribadumia e Vilanova de Arousa.

ZEV, zonas de especial vixiancia

Provincia de Lugo: Ribadeo e Trabada.

Provincia da Coruña: Dumbría, Mazaricos, Ortigueira, Porto do Son, Ribeira, Vimianzo e Zas.

Provincia de Ourense: Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

Provincia de Pontevedra: A Guarda, Marín, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.