Skip to main content
Xove

Xa se coñecen os gañadores do concurso de postais de Nadal de Xove

Por 6 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove fallou o Concurso de Postais de Nadal 2021-2022 organizado pola Concellería de Cultura do Concello. O xurado formado por Antonio Rey Pardiño en representación da S.D. Fútbol Sala Xove, Luz María Rego Araújo, en representación da Anpa Xove e Élida Álvarez Rodríguez en representación do Concello, escolleu aos 15 gañadores do certame.

    Na categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos) os galardoados foron Alma Rodríguez Fra, Raúl Fernández Duarte e Anais Romero Suárez. Na categoría 1º e 2º de Primaria os premiados foron Felipe Basanta Domínguez, Adrián Rego García e Gabriel Miramontes Atanes.

Na seguinte categoría, a de 3º e 4º de Primaria, Óscar Bertolo Casabella foi o primeiro premiado, seguido de Paula Pérez Teijeira e Luka Purriños García.  

En 5º e 6º de Primaria, foron Inés Rodríguez Bermejo, Paula Sánchez Pernas e Carlota Eijo Rodríguez. E xa por último na de 1º a 4 º de Eso os agasallados foron Alicia Fernández Vicente, Carla Casabella Puñal e Uxía Gradaille Durán.