Skip to main content
Xove

O PSOE de Xove presenta unha moción para solucionar a falta de vivenda no municipio

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

O PSdeG-PSOE de Xove presenta unha moción para dar solución ao problema da falta de vivenda no municipio. Segundo trasladan dende a formación política, existe unha escasa oferta tanto para comprar como para alugar no concello e a dende fai varios anos a construción de nova vivenda esta totalmente paralizada.

Lembran que dende finais dos anos 90 non se acometeu ningunha nova construción de vivenda de protección social. O que ten como resultado que as novas xeracións e a persoas que queiran vir a vivir en Xove teñan que abandonar o municipio, tanto por motivos económicos como pola falta de vivendas dispoñibles para alugar ou comprar.

Os socialistas tamén destacan que o aluguer turístico está a encarecer tanto o prezo das vivendas como os alugueres. Por iso, propóñenlle ao Goberno de Xove poñer en marcha as xestións oportunas para que a Xunta acometa a construción dun novo modulo 100 de vivendas sociais e artellar axudas e xestións para que se constrúan edificios de promoción pública, para ter unha oferta de vivenda tanto para comprar como para alugar.

Ademais, os socialistas tamén pide que se regule o uso das vivendas que ten en propiedade o Concello, establecendo as condicións con un regulamento axeitado e que contemple os requisitos para poder acceder a estas vivendas  en condicións de igualdade. O grupo municipal socialista recorda que se trata dunha cuestión fundamental pois están a falar do futuro do municipio, xa que de seguir así “seremos un concello despoboado en poucos anos”.