Skip to main content
Axenda Caducada

Os Magos de Oriente estarán no Concello da Pastoriza

Por 4 Xaneiro, 2022Xaneiro 5th, 2022Sin comentarios

O mércores día 5 de xaneiro, a partir das 17:00h, os pequenos da Pastoriza poderán desfrutar dunha nova viista dos Reis Magos de Oriente, que estarán no salón de actos do Concello cunha cabalgata estática condicionada, un ano máis, pola incidencia da covid.

Todos os nenos e nenas que asistan á recepción poderán saudar e conversar coas súas maxestades, meter a carta no buzón real que os acompaña, sacar a foto de rigor e por suposto todos levaran un agasallo.

Para facer cumprir as medidas de seguridade entrarase escalonadamente por grupos familiares e todos os maiores de catro anos utilizarán máscara.