Skip to main content
Baleira

O PSOE de Baleira solicita a paralización das alegacións ao Inventario de Bens Municipais

Por 17 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Voceira Socialista de Baleira, Laura Burgué anunciou hoxe que rexistrou no Concello un escrito co que demanda que se paralice o prazo para a presentación de alegacións ao Inventario de Bens Municipais, xa que sinalan que “tal e como poidemos comprobar a veciñanza non esta debidamente informada deste proxecto”.

Por todo isto Burgué demanda “a revisión completa da titularidade dos bens relacionados no Inventario, así como a publicación deste proxecto por todo o Concello, co fin de que as veciñas e veciños poidan estudalo e coñecelo, ao mesmo tempo poidan presentar alegacións no caso de que o crean oportuno, tal e como marca a propia normativa”.

Así as cousas a Voceira Socialista explica que “o Concello de Baleira aprobou inicialmente, na sesión plenaria do 1 de decembro de 2021, o Inventario Municipal de Bens, sendo publicada no BOP de Lugo o 19 de decembro de 2021, data na que comeza a contar o prazo de 20 días hábiles para a interposición de alegacións ao mesmo”. Hai que lembrar que esta sesión plenaria convocouse o pasado 26 de novembro de 2021, “e pódese constatar a imposibilidade de estudo polo miúdo da mesma debido ao reducido espazo de tempo existente entre a convocatoria e a sesión plenaria, xa que foron 4 días”, critica.

Ademais os socialistas denuncian que “parte das referencias relacionadas no Inventario Municipal de Bens, non veñen especificadas nin documentadas, o que fai imposible relacionar o ben coa súa localización ou extensión, sendo o caso máis rechamante o dos Montes Veciñais listados na relación de bens, os cales aparecen simplemente relacionados como ben municipal pero non se achega ningunha documentación de titularidade nin gráfica”. Neste inventario existen depósitos de abastecemento de auga que no seu momento foron construídos e nos que segue realizado o seu mantemento o Concello de Baleira, pero tampouco aparecen na relación”, advirten.

“Dende a Agrupación Socialistas de Baleira entendemos que o Concello non esta facilitando á veciñanza a súa labor de información e asesoramento para poder poder presentar alegacións a este proxecto, xa que ao non coñecer polo miúdo o Inventario Municipal non poden realizar alegacións, porque xa se esgotou o prazo para presentalos”, denuncian.