Skip to main content
Lugo

9 Plataformas de acceso a illas de reciclaxe súmanse as 11 xa instaladas no carril bici

Por 25 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo comezou xa a instalación de 9 plataformas de acceso a illas de reciclaxe no marco das obras do novo carril bici. Estas plataformas permitirán que o peón poida cruzar o carril bici con seguridade e con preferencia sobre o ciclista para acceder aos contedores, ademais de permitir o acceso aos mesmos a persoas en cadeiras de rodas.

Polo tanto, esta nova dotación busca garantir a seguridade dos peóns e favorecer a accesibilidade por parte das persoas con mobilidade reducida. As 9 plataformas, que gardarán a mesma estética (cores e debuxo) que as instaladas para acceder ao bus urbano, seis estarán situadas en Rolda do Carme entre as dúas calzadas, unha na Fonte dos Ranchos e dúas na Rúa Orquídea.

Na planificación deste proxecto contempláronse varias solucións de accesibilidade para facelo totalmente inclusivo; así, por un lado instalaronse once plataformas de acceso ao bus urbano nas paradas que se atopan no traxecto da senda verde ciclista e, agora, instalaranse estas novas plataformas de acceso ás illas de reciclaxe.

Nestes momentos xa está instalada unha na Rolda do Carme, e as demais quedarán instaladas nas videiras semanas.

MÁIS MOBILIARIO
Ademais destas estruturas, instaláronse once plataformas de accesibilidade ao autobús urbano tamén na senda verde ciclista, e iniciouse a colocación de aparcabicis e marquesiñas aparcabicis. Tamén se localizarán bancos de recarga intelixentes, en distintas zonas, dotados de placas solares, para facilitar a recarga de bicicletas, con portos USB e portos de carga inalámbrica de teléfonos móbiles, posibilidade de conexión a internet, equipamento para reparación de bicicletas e compresor de aire.

A nova senda verde ciclista de Lugo terá unha lonxitude de 14 quilómetros e transformará a mobilidade dos oitos barrios que percorrerá: Paseo do Miño, Parque Rosalía, Ronda do Carme, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, A Residencia e Camiño Real.

No seu deseño primou a comodidade; a cohesión interna, e tamén con outras redes como a do transporte urbano; a rectitude, tanto en distancia como en tempo (buscando o traxecto máis curto) e o atractivo da ruta. Pero especialmente primou a seguridade, do ciclista e tamén dos peóns, combinando carrís segregados de tráfico nas rúas con maior ancho, con viarios de coexistencia, onde a velocidade máxima dos vehículos se reducirá ao 20%.

O obxectivo destas medidas é que a veciñanza poida utilizar o bicicleta non só como deporte senón como modo de transporte habitual, deixando o coche na casa, o que permitirá reducir a contaminación e o ruído na cidade, que tanto dano fan a saúde; e para acadar ese cambio de hábito é imprescindible que se poida mover en bici con seguridade pola cidade.

Este proxecto enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, posta en marcha polo Concello, co fin de unir a trama urbana da cidade co río Miño, e cofinanciada ao 80% por fondos FEDER.