Skip to main content
Lugo

O PP sae a rúa coa súa campaña de firmas para solicitar a apertura do Auditorio de Magoi

Por 28 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A cidade de Lugo conta desde o 15 de xuño de 2016 cun auditorio novo no que se investiron 25 millóns de euros. Na actualidade, a titularidade pertence ao Concello de Lugo.

A semana pasada o grupo popular visitou as inmediacións do Auditorio de Magoi xa que se sentían preocupados pola situación na que está a edificación “que xa parece vello antes de estrealo”. Trala visita onde comprobaron algunha das deficiencias que ten o edificio anunciaron que “volveremos a organizar accións na rúa para visibilizar que Lugo quere que abra esta nova dotación”.

Estas actuacións dan comezo hoxe nas rúas lucenses cunha campaña de recollida de firmas que ten como obxecto presionar á alcaldesa de Lugo a que abra o Auditorio de Magoi antes de que se deteriore a instalación por falta de uso.

A firma desta petición ten como obxectivo que se poña en marcha esta infraestrutura, situada no barrio de Magoi, para dar oportunidades ao talento as diferentes agrupacións culturais, musicais e teatrais. A súa apertura tamén contribuirá á promoción de industrias culturais e creativas e implicará atraer turismo cultural que beneficiará ao emprego e á economía local.

Coa súa apertura os lucenses poderán gañar en comodidade, nunhas instalacións modernas, amplas e equipadas de medios tecnolóxicos de última xeración.

Os populares lembran que o seu grupo leva desde hai un ano protagonizando accións para visibilizar que Lugo ten unha infraestrutura de nivel pechada baixo sete chaves. “A alcaldesa non pode desculparse con que hai deficiencias xa que leva un ano e sete meses para solucionalas, a pelota está no seu tellado e non hai escusas que vallan”.

Desde o PP queren que esta recollida de firmas sexa un reflexo da voz dos cidadáns para activar ao goberno local e facelo rectificar para que converta este edificio no ágora cultural que Lugo merece.

Por último, os populares cren que “xa imos tarde porque agora teriamos que estar a falar de proporcionar un contido de calidade a este auditorio” polo que piden á alcaldesa que “cambie de perspectiva e que vexa nesta dotación unha oportunidade para que o auditorio de Magoi sexa un revulsivo para a nosa economía”.

ITINERARIO CARPA

Hoxe, venres 28 de xaneiro atoparase na Praza Maior diante do Concello a partir das 10.30 horas. O sábado 29 de xaneiro estará na rúa Aguirre, a partir das 12.00 horas. O martes 1 de febreiro será a praza de Santo Domingo a escollida, recollerán firmas a partir das 10.00 horas, ao día seguinte será a quenda da Fonte dos Ranchos a partir das 16.30 horas. O xoves 3 de febreiro estará na praza de Augas Férreas a partir das 16.30 horas e o venres 4 de febreiro na Avenida da Coruña con Esquina Monte Faro a partir das 10.00 horas.

Os populares tamén darán a oportunidade de firmar de maneira virtual a través da plataforma change.org.