Skip to main content
Chantada

O Concello de Chantada solicita aos seus veciños a limpeza das fincas

Por 24 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O plan de prevención de incendios 2022 comezou en Chantada coa solicitude do Concello aos seus veciños para que procedan á limpeza das fincas antes do 31 de maio en cumprimento coa Lei 3/2007, co obxectivo de evitar lumes.

Os propietarios de toda clase de terreos e construcións, deberán mantelos en condicións de seguridade salubridade e ornato público, quedándolles expresamente prohibido manter neles lixo, residuos sólidos urbanos, entullos e maleza.

O Concello de Chantada comezará a campaña de vixilancia e inspección a partir do 1 de xuño para comprobar o cumprimento efectivo de dita lei e así mesmo evitar ou minimizar os danos que se poidan producir polos incendios forestais.

Esta lei afecta aos propietarios de solares ou parcelas situadas en solo urbano, urbanizable e núcleo rural, xa que ten a obriga de mantelas nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. É dicir, as parcelas que se atopen dentro dunha franxa perimetral de 50 metros ao solo urbano, urbanizable delimitado e de núcleo rural, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte.

Tamén afectará a aquelas parcelas no interior do núcleo de poboación e na totalidade da franxa de protección de 50 metros dende a delimita urbanísticamente os núcleos, onde non poderá haber piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, fentos, mimosas, xestas, carqueixa, piorno e silvas.

Os solares e parcelas incluídas dentro do solo urbano e de solo urbano no núcleo rural deberán mantelos en condicións de seguridade, salubridade e ornato público.