Skip to main content
Monforte

Os Reis Magos chegaron en tren a Monforte de Lemos

Por 6 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os Reis Magos chegaron en tren a Monforte de Lemos. A cabalgata deu comezo na estación de Ferrocarril ás 16.50 do día de onte, mércores 5 de xaneiro.

Alí foron recibidos polo alcalde José Tomé Roca, membros da Corporación municipal e coa música da Escola de Gaitas do Concello que animaron a súa chegada.

O obxectivo desta cita, ademais de ofrecer unha actividade lúdica para os nenos achegando maxia e ilusión nunha das datas máis especiais para eles, é o de recuperar pouco a pouco a normalidade desenvolvendo as actividades previstas no calendario 2022.

Trala súa chegada, a Comitiva Real integrada por catro carrozas cos Reis Magos e seus paxes, formados por alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade, o Grupo de Gaitas do Concello e outros grupos musicais e decorativos puxeron rumbo ao Campo de Santo Antonio, percorrendo no seu camiño as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia.

Sobre as 19:00 horas as Súas Maxestades de Oriente leron o discurso de Reis dende as escaleiras da entrada principal do Concello, finalizando a súa visita coa recepción ós nenos e ás nenas da cidade no alto das propias escaleiras exteriores do Concello.