Skip to main content
Monforte

O Museo do Ferrocarril de Galicia ten un novo atractivo

Por 26 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Despois do período que o museo se mantivo pechado por vacacións, o Museo do Ferrocarril de Galicia, localizado en Monforte de Lemos, conta cun novo atractivo turístico. Durante a poda invernal fixéronse presentes niños de paxaros carpinteiros nas árbores da contorna. A entidade está a aproveitar a ocasión para divulgar información sobre esta especie que é complicado atopar no medio natural.

Este é o único museo en Galicia adicado ao ferrocarril. Recuperou as instalacións do depósito de tracción vapor, unhas das máis importantes da época no país. A cidade de Monforte converteuse nun impotante nó de conexión ferroviaria dende que no ano 1883 o rey Alfonso XII inaugurou a liña Madrid-A Coruña, ata que decadeu a mediados do século XX.

Un dos elementos máis destacables deste museo onde se poden atopar locomotoras, vagóns e outros elementos relacionados cos trens,é a nave da rotonda, un edificio con forma de ferradura con 38 vías radiais e unha ponte transbordadora xiratoria que son únicos en España.

Este museo permaneceu pechado dende marzo de 2020 ata xullo do 2021 debido á situación pandémica. Dende ese momento retomou a actividade e ampliou as infraestruturas co fin de aportar maior valor ao seu patrimonio.

O paxaro carpinteiro en Monforte
Os paxaros carpinteiros contan cun pico forte co que tradean e fan os característico sons nas árbores. Os picos dos carpinteiros son longos e resistentes.

Estas aves teñen uns curiosos pés de catro dedos, dous dos cales apuntan cara á parte dianteira do seu corpo, mentres os outros dous fano para a de detrás. Así conseguen collerse das ramas con moita máis facilidade.

En moitas zonas crese que desapareceron debido á tallas de árbores e á destrución do seu territorio. Non é o caso do Museo do Tren de Monforte onde se atopan en abundancia e felices cos asubíos das locomotoras e o movemento do material ferroviario que se move a escasos metros dos seus niños.

Como no Muferga teñen poucos depredadores estas aves adoitan presentar unha gran gama cromática de cores en grao sumo variado e rechamante.