Skip to main content
Ribas de Sil

Os nenos de Ribas de Sil xa poden enviar as cartas aos Reis Magos

Por 3 Xaneiro, 2022Xaneiro 4th, 2022Sin comentarios

Dende o día de hoxe, luns 3 de xaneiro, os nenos e nenas que conforman o Concello de Ribas de Sil poderán deixar as súas cartas na Caixa de Correo Real que está colocado na entrada do Concello. Ademais, tamén poderán colgar as súas tarxetas na Árbore dos desexos.

Estes dous elementos, ademais de recoller as peticións dos máis pequenos, encárganse de completar a ornamentación de Nadal que adorna as rúas da vila co fin de crear ambiente festivo.

Esta iniciativa suporá unha oportunidade para que os nenos sintan a emoción e ilusión propia destas datas a pesar da situación pandémica que se está a vivir.

A cita continuará o mércores, 5 de xaneiro, a partir das 17.00 horas, cando as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente estean no Salón de Actos do Concello para recibir a todos os nenos que queiran contarlles os seus desexos.

Para garantir a seguridade da actividade e que os Reis reciban aos pequenos será preciso pedir cita previa por WhatsApp ao número 657 512 562.

ALUMEADO DE NADAL
No Concello de Ribas de Sil apostan por in comprando pouco a pouco o seu propio alumeado, isto supón a longo prazo o aforro do alugamento do alumeado e, a día de hoxe, o material adquirido xa está amortizado.

O gasto en alumeado deste ano é moi inferior ao gasto que tivo o Concello en exercicios anteriores contando con máis do triplo de luminarias que ao principio do proceso de compra, chegando a case tódolos recunchos e rúas de San Clodio.