Skip to main content
O Páramo

Novas adquisicións no Concello do Páramo para ofrecer mellores servizos aos veciños

Por 9 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello do Páramo inverteu 150.000 euros na adquisición de cinco inmobles e terreos que terán a finalidade de dar servizos públicos aos veciños da zona.

Un edificio para facer unha residencia de maiores, a adquisición dunha nave que xa estaba a gardar maquinaria e material do Concello, unha casa para a súa habilitación como vivenda ante posibles emerxencias, son algúns dos fins que terán os inmobles e terreos adquiridos.

A Casa da Amelia, foi un dos patrimonios que o Concello adquiriu nesta compra. Neste lugar proxéctase unha nova residencia de maiores e centro de día, xa que aínda non hai ningunha no Concello. A localización da Casa da Amelia é un dos puntos máis fortes deste novo proxecto por atoparse preto do centro social Casa do Médico, do centro de saúde, do consistorio e do colexio. Polo que se estaría a centralizar os servizos fundamentais do Concello nun mesmo lugar.

O goberno local adquiriu tamén unha nave que xa estaba prestando servizo ao Concello como nave para gardar maquinaria e material. Grazas á compra deste edificio estarase aforrando no alugamento do mesmo.

A casa rectoral da parroquia de Piñeiro pasou a ser tamén propiedade do Párano. Neste lugar, planéase a súa rehabilitación como vivenda ante posibles emerxencias. Para o mesmo fin se quere empregar a vivenda que xa dispón en Moscán.

Nesta mesma parroquia, Moscán, xa é parte do patrimonio do Concello a Casa do Cura, un inmoble que foi posto en pé polos veciños e que se conta que se poña a disposición dos mesmos para que lle den o servizo que eles consideren.

Ademais, tamén se adquiriu unha pequena construción fronte a Casa da Amelia.

Esta compra levouse a cabo grazas a un suplemento de crédito con cargo ao remanente de tesourería que se aprobou no pleno do mes de setembro de 2021. Con estes fondos tamén se levaron a cabo obras en pistas municipais, entre outros.