Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Abanca e o GDR Terra Chá activan fórmulas de financiamento

Por 14 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A entidade financeira e a asociación de desenvolvemento rural colaboran para captar proxectos e canalizar as axudas. O novo acordo inclúe alternativas de crédito para poñer en marcha novos proxectos e para mellorar a competitividade dos actuais.

O crédito é o gran protagonista do novo convenio de colaboración asinado esta mañá en Vilalba por Abanca e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terra Chá. As dúas entidades dan unha nova vida ao seu traballo conxunto cun acordo financeiro que responde ás necesidades do tecido produtivo da comarca e comprométese coa economía e o traballo dos dez concellos que se integran na ADR.

Na rúbrica da renovación do acordo participaron o coordinador de Institucional de Abanca en Lugo, Óscar Rodríguez, e a directora do GDR, Fe Legaspi, nunha mostra máis do compromiso do banco cos distintos sectores económicos da comarca.

O foco sen dúbida recae no crédito como alternativa para a recuperación económica e para impulsar novos proxectos e a mellora competitiva dos actuais. Para iso, o banco pon a disposición dos asociados todo o seu catálogo, con condicións melloradas, que inclúe produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario e inmobiliario ou avais.

Co fin de apoiar os investimentos sostibles, no acordo tamén se detalla unha oferta específica para os proxectos con créditos e préstamos deseñados de forma específica para este sector, desconto comercial, confirming ou factoring, así como préstamos para gastos campaña e unha liña de financiación específica para seguros agrarios con condicións moi competitivas.

Os membros do GDR poderán gozar das vantaxes que lles ofrece o Programa Cero Comisións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. Así mesmo, o banco ofrece xestores especializados en seguros e banca electrónica a todos aqueles que os soliciten. Neste acordo tamén se fai fincapé no financiamento oficial mediante os programas do ICO, as SGR galegas e Saeca, que Abanca tramita con especial dilixencia.