Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAMuras

O Trail das Bestas volverá a Muras o 17 de xullo

Por 25 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Muras, organizdor do Trail das Bestas, vén de convocar unha nova edición do mesmo para o 17 de xullo, domingo, mantendo a idea do cambio de adiantar a súa celebración ao verán e non en novembro como era costume.

A organización fixo esta convocatoria adiantado que quedarán supeditados ao que suceda coa situación sanitaria pero que nun principio haberá 500 prazas.

As inscricións abriranse en marzo e, como no podía ser doutro xeito, a proba contará cun protocolo especial para a proba que garantice a seguridade de todos.

A que será a quinta edición soe ter un percorrido circular con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano. A organización establece catro distancias diferentes para percorrer.

Tamén se establecen diferentes categorías, sénior masculino ou feminino -dende os 18 ata os 45 anos- e veterano ou veterana -a partir dos 46 anos tendo en conta a idade que terá o corredor ou corredora a final do ano-. Haberá trofeos para os tres primeiros de ambas categorías.