Skip to main content
Xermade

Sotavento pecha o 2021 superando os 6.200 participantes nas súas actividades

Por 4 Xaneiro, 2022Sin comentarios

No seu 20 aniversario levou a cabo máis de 200 accións de educación enerxética.

Recén cumpridos 20 anos da súa inauguración o pasado 21 de xuño, Sotavento acumula máis de 27.000 grupos e máis de 280.000 persoas nun proxecto pioneiro de educación enerxética que cada día cobra maior importancia polo aumento da demanda enerxética e dos custos económicos e ambientais derivados.

Centrándonos no 2021, un ano marcado novamente pola pandemia, Sotavento pechou con 6.212 persoas pertencentes a un total de 202 grupos, o que fai unha media de 518 persoas/mes.

Como novidade e para dar resposta ás restricións derivadas da covid, púxose en marcha un programa de actividades levadas a cabo nos propios Centros Educativos. O éxito do mesmo explica que un 38% das persoas que participaron nas actividades de Sotavento durante este ano, fixérono a través desta modalidade que continuará activa no 2022. Ademais, este ano incrementáronse significativamente os contidos prácticos relacionados cas distintas fontes enerxéticas así como ca factura da luz, cuestión esta última especialmente recorrente neste período.

En canto a proxectos destacan dous relacionados ca vivenda bioclimática:  un sistema de autoconsumo mediante a acumulación eléctrica en baterías e a xestión intelixente do chan radiante mediante un sistema de predición que ten en conta o tempo atmosférico a tres días vista para mellorar a eficiencia e o confort.

Grupos técnicos, seguidos de centros de primaria e secundaria foron,  por esta orde, os colectivos más significativos e a duración media das actividades situouse nas 4 horas.