Skip to main content
Uncategorized @gl

A hospitalización desbórdase mentres o virus contén o seu crecemento

Por 3 Xaneiro, 2022Xaneiro 4th, 2022Sin comentarios

As festas de Nadal continúa deixando un elevado número de contaxios aínda que o ritmo de crecemento no aumenta. O que si sobe, de forma xa alarmante é a hospitalización.

Así, hoxe hai 4.677 casos activos, con 397 casos novos e 49 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 26.397 casos rexistrados e 259 persoas falecidas, catro delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria continúa a subir. Na UCI do Hula seguen 7 ingresados, mentres en planta son 23 pacientes (4 máis), 14 no de Lugo (2 máis), 3 na Mariña e 6 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS

Na zona da Mariña, o virus empeza a contraer a súa expansión agás en Burela e Viveiro. Na Terra Chá subida importante en Vilalba, Castro e As Pontes mentres na zona centro e no sur a subida é maior.

A Mariña

  • A Pontenova: 14 casos (2 máis).
  • Barreiros: 27.
  • Burela: 163 (11 máis).
  • Cervo: 38 (1 menos).
  • Foz: 61 (1 menos).
  • Lourenzá: 33 (1 máis).
  • Mondoñedo: 33.
  • O Vicedo: 13.
  • Ribadeo: 110 (3 máis).
  • Viveiro: 167 (12 máis).
  • Xove: 25 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Riotorto, Trabada, O Valadouro e Ourol

Terra Chá

  • Abadín contaxios: 12 (2 máis).
  • A Pastoriza: 15 (4 máis).
  • As Pontes: 142 (10 máis).
  • Begonte: 28 (6 máis).
  • Castro de Rei: 45 (15 máis).
  • Cospeito: 49 (2 máis).
  • Friol: 31 (2 máis).
  • Guitiriz: 51 (6 máis).
  • Meira: 11.
  • Outeiro de Rei: 62 (1 máis).
  • Rábade: 20 (1 máis).
  • Vilalba: 232 (13 máis).
  • Xermade: 18.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
  • Unha semana limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 27 enfermos (3 máis).
  • O Incio: 20 (1 máis).
  • Paradela: 15 (1 máis).
  • Samos: 11.
  • Sarria: 234 (38 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: O Páramo e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 31 positivos (2 máis).
  • Baleira: 12 (2 máis).
  • Baralla: 36 (6 máis).
  • Becerreá: 30 (2 máis).
  • Castroverde 38 (4 máis).
  • Cervantes: 10.
  • Guntín: 32 (4 máis).
  • Lugo: 1.746 (127 máis).
  • Monterroso: 37 (2 máis).
  • Navia de Suarna: 10.
  • O Corgo: 39 (1 menos).
  • Palas de Rei: 26 (1 menos).
  • Portomarín: 12.
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Pedrafita, Negueira de Muñiz e Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 12 enfermos (1 máis).
  • Bóveda: 14 (2 máis).
  • Carballedo: 11 (1 máis).
  • Chantada: 89 (3 máis).
  • Monforte: 356 (20 máis).
  • O Saviñao: 35 (2 menos).
  • Pantón: 40.
  • Quiroga: 43 (2 máis).
  • Sober: 37 (1 menos).
  • Taboada: 27.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas (Está pendente da autorización do TSXG).
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.