Skip to main content
Uncategorized @gl

A hospitalización segue desbordándose e os novos contaxios continúan por debaixo dos 400 diarios

Por 9 Xaneiro, 2022Xaneiro 10th, 2022Sin comentarios

As estatísticas do Sergas manteñen un crecemento da covid continuo aínda que de forma contida grazas ás numerosas altas e ao novo sistema que non rexistra todos os positivos que se producen.

Así, hoxe hai 6.620 casos activos, 309 máis que onte, con 365 novos contaxios e 272 altas. Onte os casos subiron en 129, con 372 novos contaxios e 243 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 29.357 casos rexistrados e 265 persoas falecidas, dez delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria volve incrementarse. Na UCI do Hula seguen 5 ingresados , mentres en planta son 31 pacientes (4 máis), 18 no de Lugo (2 máis), 7 na Mariña (1 máis) e 6 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Continúan o descenso de casos positivos, en especial na zona Sur na análise de concello a concello. Monforte e Vilalba seguen á baixa mentres Lugo diminúe en novos contaxios, (53 máis, cando onte foron 58) e tamén suma Burela (17 máis). O resto que soben faino por debaixo de 10.

Muras e Ribeira de Piquín son os únicos que levan polo menos unha semana sen novos contaxios. Ademais, só 8 concellos seguen por debaixo dos dez contaxiados (1 menos que onte).

A Mariña

  • Alfoz: 11.
  • A Pontenova: 28 (1 máis).
  • Barreiros: 41 (3 máis).
  • Burela: 299 (17 máis).
  • Cervo: 59.
  • Foz: 103 (8 máis).
  • Lourenzá: 40 (2 menos).
  • Mondoñedo: 34 (1 máis).
  • O Valadouro: 18.
  • O Vicedo: 14 (3 menos).
  • Ourol: 18 (7 máis).
  • Ribadeo: 127 (2 menos).
  • Viveiro: 246 (7 máis).
  • Xove: 35 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 22 contaxios (1 menos).
  • A Pastoriza: 22 (2 máis).
  • As Pontes: 183.
  • Begonte: 52 (9 máis).
  • Castro de Rei: 61 (6 máis).
  • Cospeito: 59 (3 máis).
  • Friol: 35 (1 menos).
  • Guitiriz: 73 (2 menos).
  • Meira: 13 (2 máis).
  • Outeiro de Rei: 77 (1 menos).
  • Rábade: 37 (2 máis).
  • Vilalba: 217 (21 menos).
  • Xermade: 22 (2 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 63 enfermos (1 menos).
  • O Incio: 21.
  • O Páramo: 19 (1 máis).
  • Paradela: 17.
  • Samos: 19 (1 máis).
  • Sarria: 346 (9 máis).
  • Triacastela: 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 55 positivos.
  • Antas de Ulla: 13 (1 máis).
  • Baralla: 46 (1 máis).
  • Becerreá: 46 (2 menos).
  • Castroverde 32 (5 menos).
  • Cervantes: 22 (3 máis).
  • Guntín: 39 (1 menos).
  • Lugo: 2.375 (53 máis).
  • Monterroso: 55.
  • Navia de Suarna: 13.
  • O Corgo: 50 (9 máis).
  • Palas de Rei: 41 (1 menos).
  • Pedrafita: 12
  • Portomarín: 20.
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Baleira e Negueira de Muñiz.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 13 enfermos.
  • Carballedo: 12 (2 menos).
  • Chantada: 125 (2 máis).
  • Folgoso do Courel: 18 (5 máis).
  • Monforte: 380 (9 menos).
  • O Saviñao: 33 (5 menos).
  • Pantón: 45 (4 menos).
  • Quiroga: 41 (2 máis).
  • Sober: 39 (3 menos).
  • Taboada: 30 (2 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil e Bóveda.

RESTRICIÓNS

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.