Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos baixan pero a hospitalización segue a subir

Por 31 Xaneiro, 2022Febreiro 1st, 2022Sin comentarios

Os casos activos de covid seguen a baixar mentres a hospitalización sobe de novo rozando os 80 ingresos en planta.

Así, hoxe hai 6.394 casos activos, 297 menos que onte, con 416 novos contaxios e 713 altas. Onte os casos baixaron en 209, con 511 novos contaxios e 722 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 43.329 casos rexistrados e 280 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa aumentando. Na UCI do Hula son 7 os ingresados, mentres en planta son 79 os pacientes (5 máis), 60 no de Lugo (3 máis), 10 na Mariña e 9 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS

Poucos cambios e moitas subidas malia a baixada xeral das cifras. Lugo reduce en 20, Sarria en 19 e Burela en 13. Destancan máis as subidas da veciña As Pontes, con 36 casos máis, 14 en Monforte e 11 no Saviñao.

As máis destacadas son a de Lugo con 110 menos, Ribadeo cunha baixada de 16, Guitiriz e Chantada de 13 e Castro de Rei de 12.

Ningún concello está limpo de covid e son cinco os que teñen menos de dez casos. A Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Ourol e Muras únese agora Folgoso do Courel.

A Mariña

  • Alfoz: 38 (1 máis).
  • A Pontenova: 105.
  • Barreiros: 89 (1 menos).
  • Burela: 265 (13 menos).
  • Cervo: 156 (4 menos).
  • Foz: 282 (7 máis).
  • Lourenzá: 60.
  • Mondoñedo: 126.
  • O Valadouro: 68 (2 menos).
  • O Vicedo: 40 (1 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 286.
  • Riotorto: 23 (1 máis).
  • Trabada: 18.
  • Viveiro: 341 (1 menos).
  • Xove: 79 (3 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 46 contaxios (2 menos).
  • A Pastoriza: 92 (8 menos).
  • As Pontes: 302 (36 máis).
  • Begonte: 56 (2 menos).
  • Castro de Rei: 110.
  • Cospeito: 99 (3 menos).
  • Friol: 55 (2 máis).
  • Guitiriz: 105 (3 menos).
  • Meira: 60 (6 máis).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 116 (1 máis).
  • Pol: 21 (3 menos).
  • Rábade: 22.
  • Vilalba: 394 (5 máis).
  • Xermade: 30 (1 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 53 enfermos.
  • O Incio: 38.
  • O Páramo: 42 (4 máis).
  • Paradela: 43 (1 menos).
  • Samos: 25 (2 menos).
  • Sarria: 360 (19 menos).
  • Triacastela: 15.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 81 positivos (3 máis).
  • As Nogais: 11 (1 máis).
  • Antas de Ulla: 31 (2 máis).
  • Baleira: 21 (2 máis).
  • Baralla: 64 (2 máis).
  • Becerreá: 63 (3 menos).
  • Castroverde 63 (1 máis).
  • Cervantes: 15 (1 menos).
  • Guntín: 55 (1 máis).
  • Lugo: 2.705 (20 menos).
  • Monterroso: 67 (2 máis).
  • Navia de Suarna: 13 (1 menos).
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 49 (7 menos).
  • Palas de Rei: 69 (5 máis).
  • Pedrafita: 10.
  • Portomarín: 16.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 53 enfermos (2 menos).
  • Bóveda: 17.
  • Carballedo: 52 (2 máis).
  • Chantada: 300 (5 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 453 (14 máis).
  • O Saviñao: 63 (11 máis).
  • Pantón: 48.
  • Quiroga: 72 (1 menos).
  • Ribas de Sil: 30.
  • Sober: 31 (1 máis).
  • Taboada: 54 (4 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).