Skip to main content
As PontesComarca AMARIÑAXA

Endesa e Alcoa asinan un preacordo de subministración de enerxía renovable para a planta de aluminio

Por 21 Febreiro, 2022Sin comentarios

A enerxética ofrece 906,3 MW de enerxía eólica producida no territorio, o que empregará a unhas 60 persoas para a súa operación e mantemento, fomentando a contratación de man de obra local

Endesa e Alcoa asinaron un preacordo de subministración de enerxía 100% renovable por 10 anos para a planta de aluminio primario que a multinacional estadounidense ten en San Cibrao. A subministración empezará en 2024, data na que Alcoa prevé reiniciar a súa produción e arrincar as cubas de electrolisis despois de dous anos paradas.

O preacordo ofrece unha tarifa estable e competitiva e prevé a subministración de ata 1.349 GWh por cada un dos 10 anos, equivalentes a unha potencia en carga basee de 154 MW. Para asumir este compromiso, Endesa farao da forma máis sostible posible a través dos proxectos de enerxía eólica que a filial renovable da compañía, Enel Green Power España (EGPE), está a tramitar en Galicia e que xerarán máis de 900 MW de nova capacidade renovable, creando postos de traballo durante a súa construción e a empregabilidade dunhas 60 persoas para a súa operación e mantemento, nos que primará a contratación de man de obra local.

Os proxectos de enerxía eólica asociados a esta colaboración, executados por Enel Green Power España, dispoñen de acceso e conexión á Rede de Transporte e están en tramitación administrativa. Neste sentido, a Xunta de Galicia foi informada do preacordo entre ambas as compañías e ocuparase da coordinación para o avance do proxecto a plena satisfacción de todas as partes implicadas.

O preacordo bilateral enmárcase no plan de Alcoa para reactivar a produción de aluminio primario en San Cibrao a partir do 2024 nun contexto alcista do prezo da enerxía, asegurando prezos estables cos que se axuda á competitividade da industria galega e ao complexo industrial de Alcoa San Cibrao, establecido en 1980 dacabalo entre os municipios lucenses de Cervo e Xove.

“Os contratos a longo prazo convertéronse nunha ferramenta fundamental para mitigar riscos vinculados aos prezos e dar estabilidade a longo prazo na cobertura das necesidades enerxéticas dos nosos clientes”, sinala Javier Uriarte director xeneral de Comercialización de Endesa. Ademais, engade que “este instrumento, unido ao asesoramento sobre mercados enerxéticos, permítenos consolidar a nosa relación con Alcoa con este novo precontrato que reafirma a aposta de ambas as compañías pola sustentabilidade e polo desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Esta comunidade é un dos territorios históricos de Endesa, polo que para nós constitúe unha satisfacción moi especial poder contribuír coa nosa subministración para asegurar a actividade dunha empresa tan relevante como Alcoa”.

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE

Endesa aposta firmemente pola transición enerxética e adiantou dez anos, a 2040, o compromiso de emisións cero, anticipándose unha década ao límite marcado pola Unión Europea para eliminar os gases de efecto invernadoiro. Xa en 2024, o 92% da produción de enerxía peninsular de Endesa será libre de emisións de CO2.

De feito, a enerxética dispón actualmente de 565 megawatts instalados en Galicia repartidos entre 23 parques eólicos, cuxa produción o ano pasado sumou 1.386 GWh. E é que o proceso de descarbonización está a cambiar a forma de producir electricidade, onde a compañía tomou a decisión de pechar todas as térmicas de España dando a substitución a parques renovables e levando a cabo unha transición xusta. A central das Pontes, na Coruña, será exemplo diso: mediante o Plan Future Endesa mitigará o impacto da devandita transición e reactivará o tecido socioeconómico do norte da provincia coruñesa.

O compromiso de Endesa coa sustentabilidade tamén queda reflectido no feito de que o 89% do investimento previsto para o próximos tres anos está directamente relacionada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, aliñando por tanto a súa estratexia de sustentabilidade a este marco universal.

Endesa xestiona actualmente, a través do EGPE, 8.389 MW de capacidade renovable instalada en España, que inclúen: 4.672 MW de enerxía hidráulica convencional; 2.546 MW de enerxía eólica, 1.097 MW de enerxía solar, 75 MW de enerxía minihidráulica