Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

O Ría de Foz proclámase campión galego Sub 12 por equipos no Campionato de Cross

Por 7 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Club de Atletismo Ría de Foz participou con case 50 atletas no Campionato Galego Federado de Cross con 45 atletas das categorías inferiores e 3 atletas máster.

Celebrouse na Pobra do Caramiñal este domingo día 6 de febreiro e converteuse nunha das expedicións máis numerosas dos clubs galegos.

Destacaron os resultados do club focego no que Miguel Diz, sub 12, conseguiu un 5º posto; Lucas García, sub 16, o 6º posto, e Helena Celada, sub 18, 8º posto.

No tocante a equipos sub 12 masculino, foron os campións galegos o que lles da o billete directo para o campionato de España. O equipo estaba composto por: Miguel Diz, Adrián Villapol, Iago Rodríguez, Xabier Diz, Iago Balseiro, Guillermo Pardiñas e Nicolás Pardiñas.

O feminino levou o 4° posto no equipo sub 14 cun equipo composto por: Marina García, Alba Iravedra, Lucía Gonzalez, Lara González, Antía Fernández, Ainhoa Souto, Azahara De la Peña e Paula Manín.

Por outra banda, o club tamén estivo representado na proba máster, que se desputou na sesión de tarde, coa participación de tres atletas: Carla Trillo, Óscar Buján e Marcelo Lanza.

Carla ocupou o 5° posto da xeral e o 4° posto da súa categoría, M35; Óscar tivo que retirarse a falta dunha volta por lesión, e Marcelo foi o 7° da xeral e obtivo o 6° posto da súa categoría, M45.