Skip to main content
Foz

O PP de Foz di que Cajoto non se interesa polo proxecto da hidroeléctrica

Por 15 Febreiro, 2022Sin comentarios

O PP afea a Cajoto que non se interesara por asistir á reunión de alcaldes cos promotores da hidroeléctrica proxectada e que intente derivar problemas de Foz a outras administracións.

“O socialista Fran Cajoto pilota un goberno local tan ineficaz na xestión como ausente á hora de representar os verdadeiros intereses do concello de Foz. De novo volveu quedar patente a maneira que ten Cajoto de entender as súas responsabilidades como alcalde”, dixo o portavoz popular, Javier Castiñeira, que denuncia que “unha vez máis vemos como o alcalde de Foz se escaquea cando hai problemas, comprobamos de novo que é un alcalde ausente cando o concello o necesita; vimos de coñecer que os alcaldes dos municipios afectados polo proxecto da central hidroeléctrica de O Valadouro tiveron unha reunión cos promotores, para ser informados e para intercambiar puntos de vista e o alcalde de Foz non estivo”.

Os populares din que Cajoto “sigue pensando que o concello de Foz non é un dos afectados e nós cremos que si, que si somos afectados; visto o proxecto, esa captación de 4,5 veces a capacidade que ten de captación o Concello de Foz, temos claro que pode afectar ao abastecemento de auga municipio de Foz”.

Castiñeira sinala: “Nós queriamos que o alcalde estivese nesa reunión, pero volveu repetir o que leva feito xa moitas veces. O importante para o alcalde e intentar pasar os problemas a outras administracións, que xa van facer o seu traballo; non entendemos que o alcalde de Foz renuncie ao seu dereito a ser escoitado e ao ser dereito a ser informado, para despois poder informar a toda a corporación e a todos os veciños”. O portavoz popular constata que “os veciños están preocupados por se nos próximos anos se pode garantir o abastecemento de Foz e esa ampliación que se solicitou no seu momento para os dous planes parciais que están pendentes de desenvolver”.

No PP lamentan “que o alcalde se escaquee, que estea pensando noutras cousas, probablemente moito máis divertidas”. Destacan: “Este é un problema  no que necesitabamos que estivese presente. Non o entendemos. O Concello de Foz xógase moito con este  proxecto. Tampouco entendemos a postura do BNG, absolutamente proteccionista cos seus socios de goberno pero desdeixados dos intereses dos nosos veciños”. Castiñeira deixa unha pregunta no aire: “Onde estaría o BNG de Foz se estivese gobernando o PP?; probablemente nos pode contestar algún dirixente ou ex dirixente do BNG nos pode contestar”.